Thursday 28 de March de 2024

A Xunta asiste á Xuntanza de maiores do concello de Ordes


O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, asistiu hoxe á xuntanza de maiores celebrada no concello de Ordes. Durante o encontro lembrou que as persoas maiores, ás que agradeceu o esforzo que fixeron durante os momentos máis difíciles da pandemia, poden por fin retomar a súa participación neste tipo de eventos.

O director xeral destacou que o Goberno galego apoia ás persoas maiores para que manteñan un ritmo de vida activo alí onde residan. Neste sentido, sinalou que a Xunta pon en marcha programas e iniciativas que lles permitan realizar actividades e relacionarse coas persoas da súa contorna.